VAMOS BEBENDO
TEÑO TRES PITAS BRANCAS
E UN GALO NEGRO,
QUE HAN DE POÑER BOS OVOS,
ANDANDO O TEMPO.
I HEI DE VENDELOS CAROS
POLO XANEIRO,
I HEI DE XUNTA-LOS CARTOS
PARA UN MANTELO,
I HEINO DE LEVAR POSTO
NO CASAMENTO,
I HEI...
POIS MIRA, MARICA,
VAI POR UN NETO,
QUE ANTRAMENTAS NON QUITAS
ESES CERELLOS,
I AS PITAS VAN MEDRANDO
CO GALO NEGRO,
PARA POÑE-LOS OVOS,
E TODO AQUELO
DO XANEIRO, DOS CARTOS,
I O CASAMENTO,
MIÑA PRENDA DA IALMA,
¡VAMOS BEBENDO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario